Fernando Reyes


Mercedes Hernandez 

     Inicia a súa formación musical como neno cantor na Escolanía da Catedral de Santiago de Compostela.

    Especialízase nos instrumentos antigos de corda pulsada no Conservatorio de Toulouse (Francia) e na Staatliche Hochschule für Musik de Trossingen (Alemaña) con Rolf Lislevand, obtendo o título superior de profesor e o máster en formación artística.

    Como instrumentista realiza unha intensa actividade de concertos e gravacións como solista ou acompañante en toda Europa.

    Grava “Viaxe a Compostela” con músicas en torno ós diarios dos peregrinos.

    Ademáis compuxo e dirixiu a música de diversas obras teatrais e ten publicado varios artigos sobre música antiga, guías musicais e libros-CD.

  Ten impartido numerosos seminarios, cursos e conferencias en diferentes universidades e centros de ensinanza europeos. 

   Foi profesor de música de cámara e acompañamento no curso de Música Antiga de Vivoin (Francia) e profesor de instrumentos antigos de corda pulsada na Escola Superior de Porto (Portugal).

      Ademáis é licenciado en Ciencias da Educación.

    Crea en 2010 a discográfica Gaudia para desenvolver con rigor, liberdade e creatividade os proxectos de Resonet.